29/10/15

Programación Novembro 2015

Novembro falará alemán no Cineclube Pontevedra. Comezaremos un novo ciclo dedicado ao cineasta Christian Petzold, peza fundamental da Escola de Berlín. Será os martes ás 19:00, no auditorio da Biblioteca de Pontevedra. Aquí vos deixamos o cartelazo:

23/09/15

Festa Presentación

Xa que  houbo cambios decidimos facer unha presentación e achegarnos a xente que posiblemente non nos coñecía. E unha vez máis agradecemoslle ao LICEO MUTANTE a sua hospitalidade.
Organizamos o 28 de agosto un bo plan para a tarde e a noite do venres.
Obradoiros, música, proxeccións e picoteo para dar a coñecer o cineclube Pontevedra e a súa nova ubicación no Centro Sur, proxectos, captación de socios e peto colaborador.
Conxugamos o espírito festivo e comprometido do Liceo Mutante coa nosa oferta cultural.
Colofón para este mes de traballo común en Cinema no Xardín.

Obradoiros en sesión de tarde. Unha mesa chea de creatividade na que arredor de 15 persoas deixaron a sú pegada na película experimental que se proxectou pola noite. A partir de trailers e raiando, desfacendo, cortando, engadindo... poidemos conformar un auténtico espectáculo audiovisual digno de Norman McLaren.

22/09/15

VERÁN 2015

AO AIRE LIBRE

Este verán estivo cheo de emocións cambios e tamén de actividades, 

No mes de agosto fixemos, xunto co LICEO MUTANTE o, poderíamos dicir, habitual

CINEMA NO XARDÍN





sesión nº 2887 - La más macabra de las vidas. Dirección Kikol Grau. 
5 agosto
Cataluña 2014,   DVD, documental. Kikol estivo con nós falando sobre a España da Transición e o punk.

sesión nº 2888 - Bionte. Dirección Lucía Vilela.
6 agosto
2015, super8, 6 mins. Lucía estivo con nos proxectando e no coloquio.

sesión nº 2889 - Lúa/Decalcomanía. Dirección Miguel Mariño.
6 agosto
2014, 16 mm, 24 min. Miguel estivo con nos proxectando e no coloquio.

sesión nº 2890 - Volontè. Márcos Flórez, Obra colectiva.
6 agosto
Obra colectiva, 2015, 16 mm transferido a dixital, 27 min. Márcos estivo con nos no coloquio.

sesión nº 2891 - Chavaga, Montecelo. Dirección: Enrique Vega.
18 agosto
Francia, 2009, 55', VO, documental.

sesión nº 2892 - O Quinto Evanxeo de Gaspar Hauser. Dirección: Alberto Gracia.
19 agosto
Galicia, 2013, DVD 61',VO, Alberto estivo con nos na proxección e coloquio.

sesión nº 2893 - Las Altas Presiones. Dirección Ángel Santos.
20 agosto
Galicia, 2014, DVD 95 min. Ángel estivo con nos na proxección e presentación.

sesión nº 2894 - Crumbs. Dirección Miguel Llansó + Extinción de los insectos (concerto)
26 agosto
Etiopía 2015, 69 min. Miguel estivo con nos nos na proxección e coloquio.