23/09/15

Festa Presentación

Xa que  houbo cambios decidimos facer unha presentación e achegarnos a xente que posiblemente non nos coñecía. E unha vez máis agradecemoslle ao LICEO MUTANTE a sua hospitalidade.
Organizamos o 28 de agosto un bo plan para a tarde e a noite do venres.
Obradoiros, música, proxeccións e picoteo para dar a coñecer o cineclube Pontevedra e a súa nova ubicación no Centro Sur, proxectos, captación de socios e peto colaborador.
Conxugamos o espírito festivo e comprometido do Liceo Mutante coa nosa oferta cultural.
Colofón para este mes de traballo común en Cinema no Xardín.

Obradoiros en sesión de tarde. Unha mesa chea de creatividade na que arredor de 15 persoas deixaron a sú pegada na película experimental que se proxectou pola noite. A partir de trailers e raiando, desfacendo, cortando, engadindo... poidemos conformar un auténtico espectáculo audiovisual digno de Norman McLaren.



No obradoiro de cinema estenopeico, baixo os fundamentos da cámara escura montamos cinemas persoais.



Piscolabis e un xogo con premio



E o gañador da suscrición por un ano ao cienclube no xogo das pelis de Hagan Sitio,  foi este paciente participante que estivo arredor de media hora descifrado xeróglifos cinematográficos, noraboa!

Namentras no xardín aprendían como se enfía unha película de 35 mm e como funciona o proxector.


Xa á noitiña os músicos preparábanse para ambientar as proxeccións finais.



 Proxectouse o traballo feito pola tarde no obradoiro de manipulación e despois unha selección de momentos musicais da historia do cine.

Tanta confraternización e cinefilia abocou nun xogo espontáneo de pictocine  ata a madrugada, divertidisimo!



Un bo comezo para unha nova etapa!

Ningún comentario:

Publicar un comentario